Ano

2010

Nacionalidade

Serbia

Duración

100 min.

Xénero

Documental

Idioma

Serbocroata

NOV
14
Domingo, 22:45
Multicines Compostela
Mercar entrada

2010: Hugo de ouro ao mellor documental no Festival de Chicago

2010: Mención especial no Festival de Cinema Internacional do Uruguai

2010: Mellor documental no Festival de Cinema Engagé de Alxeria

En 1945, o Presidente iugoslavo Tito fundou os estudos de cinema Avala en Belgrado, os segundos máis grandes de Europa nese momento. Un novo xénero de películas foi creado: o “partisano”: guerras e epopeas ou “spaghetti easterns” que representaban a heroica resistencia iugoslava fronte os ocupantes alemáns. Estas superproducións volvéronse moi populares e tiveron un papel crucial na promoción dos esforzos do goberno para fomentar esa ilusión chamada “Iugoslavia”.

Cinema Komunisto explora o mito que creou a Iugoslavia, a xente que elaborou a súa ficción e como se derrubou fronte a brutal realidade da guerra. Hoxe, os estudos Avala son unha sorte de triste poboación pantasma: os abandonados sets de rodaxe, o equipamento obsoleto, os centos de rolos de películas e os técnicos sen traballo. Calquera que busque o que queda de Iugoslavia faría mellor en mirar as películas que se fixeron durante ese tempo. Pode a historia do ascenso e caída da cinematografía iugoslava axudar a explicar a unidade e a desintegración do propio país?

O documental foi realizado a partir de fragmentos de máis de 60 películas, unha impresionante cantidade de imaxes de arquivo e as memorias agridoces de quen viviu esa época, salpicadas de divertidas anécdotas. As memorias filmadas dun país que xa non existe.

Ficha artística

Leka Konstatinovic, Veljko Bulajic, Bata Zivojinovic, Gile Djuric, Steva Petrovic

Ficha técnica

Guión: Mila Turajlic
Fotografía: Goran Kovacevic
Edición: Aleksandra Milovanovic
Produción: Dribbling Pictures, 3K Productions, Intermedia Network