Ano

2021

Nacionalidade

Reino Unido, Estados Unidos

Duración

137 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Inglés

6,99

Nota do público
NOV
11
Xoves, 20:00
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
14
Domingo, 19:00
Salón Teatro
Mercar entrada

Siegfried Sassoon foi un home complexo que sobreviviu aos horrores de combater na I Guerra Mundial e foi condecorado pola súa valentía, pero ao seu regreso converteuse nun firme crítico da continuación da guerra por parte do seu goberno. A súa poesía inspirouse nas súas experiencias na fronte occidental e terminou sendo un dos principais poetas de guerra da época. Idolatrado por aristócratas e estrelas do mundo literario e escénico londiniense, mantivo relacións con varios homes mentres intentaba aceptar a súa homosexualidade. Ao mesmo tempo, roto polo horror da guerra, fixo da súa viaxe vital unha procura da salvación, tratando de achala na conformidade do matrimonio e a relixión.

Terence Davies

Liverpool, Reino Unido

A súa filmografía inclúe títulos tan salientables como Distant Voices, Still Lives (1988), que gañou o Leopardo de Ouro en Locarno, The Long Day Closes (1992), que competiu en Cannes. Logo virían The Deep Blue Sea (2011), Sunset Song (2015) e A Quiet Passion (2016).
Ficha artística

Jack Lowden, Simon Russell Beale, Peter Capaldi, Jeremy Irvine, Kate Phillips, Gemma Jones

Ficha técnica

Guión: Terence Davies
Fotografía: Nicola Daley
Edición: Alex Mackie
Produción: Emu Films, Creative England, M.Y.R.A. Entertainment, Bankside Films, BBC Films, British Film Institute