Ano

2020

Nacionalidade

Arxentina

Duración

95 min.

Xénero

Documental

Idioma

Español

5,81

Nota do público
NOV
10
Mércores, 22:00
Cinema NUMAX
Mercar entrada
NOV
11
Xoves, 17:45
Salón Teatro
Mercar entrada

2020: Mellor guión no Festival de Mar del Plata

Nicolás Prividera, director de M (sobre a procura da súa nai desaparecida) e Tierra de los padres (sobre a historia arxentina que levou á ultima ditadura), entérase de que o seu pai padece o mal de Alzheimer. Sente entón que esa ironía do destino obrígao a completar esas películas cunha sorte de terceira parte (triloxía involuntaria, xa que desexaba en cada paso escapar do tema, para volver caer nel), e decide que esa película (a súa despedida dunha cuestión que atravesa a cultura contemporánea) non pode senón chamarse Adiós a la memoria… Pero non se trata dun documental “subxectivo” nin dun eloxio do esquecemento, senón de indagar ese linde no cal a memoria persoal queda fundida coa social (e se asoma á súa mesma desaparición): un percorrido que nos leva dun caderno impenetrable diario da nai a diálogos imposibles co pai, de vellas películas familiares aos rastros das lembranzas compartidas por cada xeración, das pantasmas da cidade á procura ao culto da memoria no mundo contemporáneo. Un peche que volve á orixe.

Ficha técnica

Guión: Nicolás Prividera
Fotografía: Héctor Prividera, Nicolás Prividera
Edición e deseño de son: Hernán Rosselli
Produción: Pablo Ratto