Ano

2021

Nacionalidade

Uruguai, Arxentina

Duración

105 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Español

8,18

Nota do público
NOV
16
Martes, 20:30
Cinema NUMAX
Mercar entrada
NOV
17
Mércores, 19:30
Salón Teatro
Mercar entrada

Christian é un xogador moi noviño que se ve a si mesmo como unha gran figura no fútbol mundial. Vive illado, nun ambiente luxoso e solitario, asediado por fanáticos, presionado polos medios de comunicación e obrigado a cumprir os compromisos asumidos polo seu pai, quen actúa como o seu representante. Por primeira vez Christian sente a necesidade de fuxir.

Nicolás Branca

Montevideo, Uruguai

A súa primeira curtametraxe, Las nuevas aventuras de Tom y Jerry (2005) obtivo o premio á mellor curta experimental no Festival de Cinema e Vídeo Latinoamericano de Bos Aires. En 2008 fundou, xunto a Martín Barrenechea e Álvaro Buela, a compañía AutoCine Films, coa que produciu Amor robot, a súa primeira longametraxe.

Martín Barrenechea

Montevideo, Uruguai

Guionista, produtor, director de fotografía e cineasta, codirixiu en 2008 La Deriva, xunto a Matías Singer, Pablo Montes e Álvaro Buela. É unh dos fundadores da compañía AutoCine Films, onde desenvolve os seus propias proxectos.
Ficha artística

Enzo Vogrincic, Rafael Spregelburd, Sofía Lara Morales

Ficha técnica

Guión: Martín Barrenechea, Nicolás Branca
Fotografía: Matías Lasarte
Edición: Anabela Lattanzio
Produción: Virginia Hinze, Daniel Pensa, Miguel Ángel Rocca, Lucía Gaviglio Salkind