Ano

2020

Nacionalidade

México, Francia

Duración

86 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Español

7,55

Nota do público
NOV
11
Mércores, 20:30
Salón Teatro
Mercar entrada
NOV
12
Xoves, 20:30
Teatro Principal
Mercar entrada

2020: Gran premio do xurado no Festival Internacional de Cine de Venecia

Unha luxosa voda da alta sociedade tórcese cando unha inesperada revolta social dá paso a un violento golpe de estado, visto a través dos ollos da nova e solidaria noiva e dos serventes que traballan para a súa adiñeirada familia.

Michel Franco

Cidade de México, 1979

En 2009 dirixiu a súa primeira longametraxe, Daniel y Ana, presentado na Quinzaine deas Réalisateurs do Festival de Cannes e en Horizontes Latinos en San Sebastián. Regresou a Cannes con Después de Lucía (2012), que recibiu o Premio Un Certain Regard. Seguíronlle en 2015 A los ojos e Chronic, que gañou o premio ao mellor guión en Cannes. Con Las hijas de Abril volveu á sección Un Certain Regard, onde obtivo o Premio do Xurado.
Ficha artística

Diego Boneta, Naian González Norvid, Mónica del Carmen, Fernando Cuautle, Darío Yazbek Bernal, Eligio Meléndez, Javier Sepúlveda

Ficha técnica

Guión: Michel Franco
Fotografía: Yves Cape
Edición: Óscar Figueroa Jara, Michel Franco
Produción: Teorema, Les Films d’Ici