Actualizaremos esta páxina coas preguntas que nos chegan habitualmente relativas ao funcionamento do festival de cinema Cineuropa de Compostela. Recomendámosche que te subscribas á nosa canle de Telegram para estar informado de todas as novidades ao momento e que nos sigas nas redes sociais Facebook, Twitter e Instagram.

Información de prezos e horarios de despacho de billetes

Cando se poñen as entradas á venda?

As entradas vanse poñer á venda en tres fases:

  • Mércores 4 de novembro ás 10.00 h: entradas para o venres 6, sábado 7 e domingo 8.
  • Luns 9 de novembro ás 10.00 h: entradas para a semana do luns 9 ao domingo 15, ambos incluídos
  • Luns 16 de novembro ás 10.00 h: entradas para a semana do luns 16 ao domingo 22, incluídos.

Onde podo mercar as entradas para os filmes do Teatro Principal e do Salón Teatro?

En compostelacultura.gal e no despacho de billetes do Teatro Principal.

Dada a situación sanitaria actual, e co fin de evitar reunións de persoas ás portas das salas, pregamos o uso preferente, para a adquisición de entradas, da páxina web compostelacultura.gal e que só se adquiran nos despachos de billetes de ser estritamente necesario.

Cal é o horario do despacho de billetes do Teatro Principal?

De 15.30 a 21.00 horas e polas mañás desde unha hora antes do inicio da proxección.

Dada a situación sanitaria actual, e co fin de evitar reunións de persoas ás portas das salas, pregamos o uso preferente, para a adquisición de entradas, da páxina web compostelacultura.gal e que só se adquiran nos despachos de billetes de ser estritamente necesario.

Onde podo mercar as entradas para Cinema NUMAX?

En compostelacultura.gal, no despacho de billetes do Teatro Principal e no de NUMAX no seu horario habitual.

Dada a situación sanitaria actual, e co fin de evitar reunións de persoas ás portas das salas, pregamos o uso preferente, para a adquisición de entradas, da páxina web compostelacultura.gal e que só se adquiran nos despachos de billetes de ser estritamente necesario.

Cal é o horario do despacho de billetes do Cinema NUMAX?

Podes consultalo na páxina web de NUMAX.

Dada a situación sanitaria actual, e co fin de evitar reunións de persoas ás portas das salas, pregamos o uso preferente, para a adquisición de entradas, da páxina web compostelacultura.gal e que só se adquiran nos despachos de billetes de ser estritamente necesario.

Onde podo mercar as entradas para o Auditorio de Galicia?

En compostelacultura.gal, no despacho de billetes do Teatro Principal e no do Auditorio de Galicia.

Dada a situación sanitaria actual, e co fin de evitar reunións de persoas ás portas das salas, pregamos o uso preferente, para a adquisición de entradas, da páxina web compostelacultura.gal e que só se adquiran nos despachos de billetes de ser estritamente necesario.

Cal é o horario do despacho de billetes do Auditorio de Galicia?

Desde unha hora antes do inicio dos filmes.

Dada a situación sanitaria actual, e co fin de evitar reunións de persoas ás portas das salas, pregamos o uso preferente, para a adquisición de entradas, da páxina web compostelacultura.gal e que só se adquiran nos despachos de billetes de ser estritamente necesario.

Que filmes son de pago e cales de balde?

Os filmes das seccións oficiais* (Sección Europea, Panorama Internacional, Latidoamericano, Docs Cineuropa Fantastique Compostela, Panorama Audiovisual Galego e Novos realizadores) son todos de pago. Tamén o Filme Inaugural e a Película Sorpresa

* agás os de Panorama Audiovisual Galego e A poeta analfabeta (Docs Cineuropa) que serán de balde previa retirada de convite.

Os filmes das Seccións Paralelas (Morricone, ese descoñecido; A última película. O cinema, no cinema; Cinefilias. Exploración do cinema clásico) son de balde previa retirada de convite. Tamén son de balde os que se proxectan nas entregas de Premio Cineuropa.

* Agás Cineuropa Miúda que é de pago (4 euros)

Podo reservar entradas por teléfono?

Non é posible reservar entradas por teléfono.

Se merco unha entrada online, teño que levala impresa ou abonda con que a leve na pantalla do móbil?

Abonda con levala no móbil. O control de acceso realizarase mediante os postos de tiqueo desatendido que permitirán que cada persoa que acceda poida ticar a súa entrada sen contacto físico e mantendo a distancia de seguridade.

Podo devolver a miña entrada unha vez mercada se non podo asistir ao filme?

Unha vez mercada a entrada non pode procederse á súa devolución a non ser que ese pase se vise modificado por algún problema de organización. Nese caso si, procederiamos á súa devolución.

Podo mercar unha entrada para Cinema NUMAX no despacho de billetes do Teatro Principal? E por internet?

Si. No despacho de billetes do Teatro Principal e na web compostelacultura.gal poden mercarse entradas para todas as salas.

Dada a situación sanitaria actual, e co fin de evitar reunións de persoas ás portas das salas, pregamos o uso preferente, para a adquisición de entradas, da páxina web compostelacultura.gal e que só se adquiran nos despachos de billetes de ser estritamente necesario.

Hai un límite de entradas por persoa?

Dado o escaso aforo co que contan as salas pola situación sanitaria, cada persoa só pode adquirir dúas entradas por filme.

Hai abono?

Lamentablemente, dado o escaso aforo co que conta cada sala pola actual situación sanitaria, este ano non temos abonos.

Entradas con invitación

Hai un límite de invitacións por persoa?

Cada persoa pode retirar un máximo de dúas invitacións por filme.

Entradas para outras actividades

Cal é o prezo da entrada para o concerto da Real Filharmonía de Galicia?

É de 15 euros (7,5 euros para persoas menores de 25 anos, maiores de 65, desempregadas, xubiladas, estudantes, familias monoparentais, numerosas e perceptoras de rendas sociais).

Onde se poden mercar as entradas ou retirar convites?

En compostelacultura.gal ou no despacho de billetes do Teatro Principal. Tamén, de quedar algún, no despacho de billetes do Auditorio de Galicia desde 1h antes de que comece o concerto.

Dada a situación sanitaria actual, e co fin de evitar reunións de persoas ás portas das salas, pregamos o uso preferente, para a adquisición de entradas, da páxina web compostelacultura.gal e que só se adquiran nos despachos de billetes de ser estritamente necesario.

Proxeccións

Podo entrar á sala unha vez comezada a proxección?

A entrada á sala ten que facerse de xeito puntual para non molestar ao resto de espectadores que están xa gozando do filme. Este ano temos que ser especialmente estritos co acceso á sala xa que hai un protocolo específico pola situación sanitaria actual. Podes consultalo aquí

A película proxéctase no idioma orixinal?

Todos os filmes en Cineuropa se proxectan en idioma orixinal e, cando non son en español ou en galego, tamén con subtítulos.

Todos os filmes están subtitulados?

Todos agás os que teñen como lingua orixinal o español ou o galego. Excepcionalmente pode haber algún que non o estea pero indicarémolo sempre.

Hai restrición de idade para a entrada aos filmes?

Hai filmes recomendados para maiores de idade. No caso de que a/o menor acuda na compaña dunha persoa adulta, será esta a responsable da/o menor na sala, e quen ten que considerar se pode ver ese filme ou non.

Hai Maratón?

A situación sanitaria actual obrigounos a suspender o Maratón esta edición.