Ano

2020

Nacionalidade

Palestina, Francia

Duración

87 min.

Xénero

Ficción

Idioma

Árabe

NOV
18
Mércores, 17:00
Teatro Principal
Mercar entrada
NOV
19
Xoves, 16:00
Salón Teatro
Mercar entrada

Gaza, hoxe. Issa, un pescador de sesenta anos, está segredamente namorado de Siham, unha muller que traballa no mercado coa súa filla Leila. Cando descobre unha antiga estatua fálica de Apolo nas súas redes de pesca, Issa escóndea, sen saber que facer con este misterioso e potente tesouro. Con todo, no fondo, sente que este descubrimento cambiará a súa vida para sempre. Curiosamente, a súa confianza comeza a crecer e finalmente decide achegarse a Siham.

Tarzan Nasser, Arab Nasser

Gaza, Palestina, 1988

Estes irmáns xemelgos naceron un ano despois do peche dos últimos cinemas de Gaza. Despois de graduarse en belas artes na Universidade Al-Aqsa, desenvolveron a súa paixón polo cinema. En maio de 2013, a súa curtametraxe Condom lead estreouse en competición oficial no Festival de Cannes como a primeira película palestina nesta sección. En 2015 estrearon Dégradé, a súa ópera prima. Gaza mon amour é a súa segunda longa.
Ficha artística

Salim Daw, Hiam Abbass, Maisa Abd Elhadi, George Iskandar, Hitham Al Omai, Manal Awad

Ficha técnica

Guión: Tarzan Nasser, Arab Nasser
Fotografía: Christophe Graillot
Edición: Chrystel Alépée, Véronique Lange
Produción: Marie Legrand, Rani Massalha