NOV
12
Xoves 12, 19:00
Youtube
Accede á sesión

2020: Premio Cineuropa

A filmografía de Alfonso Zaraura está fortemente vinculada a Santiago de Compostela, cidade que sabe plasmar con toda a súa beleza e singularidade. Zarauza filmou en Compostela a súa ópera prima, A noite que deixou de chover (2008), varias curtas e dúas longametraxes: Encallados (2013) e A viaxe dos Chévere (2014). Neste encontro reflexionaremos sobre a relación entre a cidade e a súa traxectoria.

Alfonso Zarauza

Santiago de Compostela, 1973

Alfonso Zarauza é un dos directores galegos cunha das traxectorias máis longas e prestixiosas na actualidade. Como director realizou tres longametraxes de ficción que cultivaron premios internacionais, un documental, seis curtametraxes, dúas series de ficción e máis de vinte videoclips e pezas experimentais. Nesta 34 edición de Cineuropa, poderemos ver a súa última longametraxe.
A súa filmografía está fortemente vinculada a Santiago de Compostela, cidade que sabe plasmar con toda a súa beleza e singularidade. Zarauza filmou en Compostela a súa ópera prima, A noite que deixou de chover (2008), varias curtas e dúas longametraxes: Encallados (2013) e A viaxe dos Chévere (2014).
Encontro virtual

Sesión en liña a través da canle de Youtube de Compostela Cultura.