Skip to main content

A guía para non perderse nada da 33ª edición de Cineuropa está xa á venda. O catálogo do festival pódese atopar nos despachos de billetes do Teatro Principal e dos Multicines Compostela e ten un prezo de dous euros.

O libro contén a información esencial sobre as sedes do festival, prezos das sesións regulares e as especiais ou horarios. Ademais destas cuestións, atópanse na guía a programación por días e sedes e as fichas, sinopses e críticas das películas que compiten na sección oficial. Están tamén os filmes que se proxectarán nos diferentes ciclos paralelos e as biografías dos premios Cineuropa (María Vázquez, Emma Suárez e Rita Azevedo Gomes), así como as presentacións do alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e da directora do festival, Laura Seoane.