Iugoslavia, Alemaña Occidental (RFA) / 84 min. / Ficción / Serbo-croata,Inglés,Ruso,Alemán

En 1971, en plena resaca do Maio do 68, o cineasta iugoslavo Dusan Makavejev convértese no artista máis polémico do momento con esta especie de falso documental sobre sexo e política, no que se combinan noticiarios, entrevistas, ficción e ocorrencias surrealistas varias. O guión xira ao redor da vida e obra do psiquiatra austríaco Wilhelm Reich, descubridor da enerxía orgásmica, e das peripecias de dúas mozas comunistas con moitas ganas de experimentar cos seus respectivos corpos.


Ficha artística

Milena Dravic, Ivica Vidovic, Jagoda Kaloper, Tuli Kupferberg, Zoran Radmilovic, Jackie Curtis, Miodrag Andric, Zivka Matic.

Ficha técnica

Guión: Dusan Makavejev.
Fotografía: Aleksandar Petkovic, Predrag Popovic.
Música: Bojana Marijan.
Produción: Neoplanta Film.

Premios

  • Hugo de Ouro á mellor película no Festival de Chicago.


W.R. - Misterije organizma / Os misterios do organismo