Reino Unido / 88 min. / Ficción / Inglés

Linda é unha coqueta moza de 17 anos que vive nunha aburrida e pequena cidade costeira británica a principios dos anos cincuenta. Vive co seu pai e coa súa irmá menor, pero a falta de afecto pola morte da súa nai converteuna nunha rebelde adolescente que busca chamar a atención dos homes co seu comportamento provocador. A promiscuidade e a actitude de Linda serán obxecto de murmurios da xente que a rodea.


Ficha artística

Emily Lloyd, Clare Clifford, Barbara Durkin, Geoffrey Hutchings, Charlotte Barker, Tom Bell, Pat Heywood.

Ficha técnica

Guión: David Leland.
Fotografía: Ian Wilson.
Música: Stanley Myers.
Produción: FilmFour.

Premios

  • Premio FIPRESCI da crítica no Festival de Cannes 1987.


Wish you were here / Se estiveras aquí