Nota do público:

7,24

Perú / 87 min. / Ficción / Aimará

Mercar entrada

Willka e Phaxsi, unha parella de anciáns de máis de 80 anos viven abandonados nun lugar remoto dos Andes de Perú, a máis de cinco mil metros de altura. Enfróntase á miseria e ao inclemente paso do tempo, rogando aos seus deuses que por fin chegue o seu único fillo para rescatalos.


Ficha artística

Rosa Nina, Vicente Catacora.

Ficha técnica

Guión: Oscar Catacora.
Fotografía: Oscar Catacora.
Produción: Tito Catacora.

Crítica Cineuropa

Un cinema que captura o ser humano sen artificios: a ambición de Rossellini e que semella autoimpoñerse Catocora, logrando, fiel ao legado de Yasujiro Ozu, un retrato da vida humana transparente na súa crueza. Son noventa e seis planos fixos desposuídos de calquera outro recurso que o da imaxe e o son do ambiente para construír unha crónica desbordante de realidade.


Wiñaypacha / Eternidade

Oscar Catacora

Puno (Perú), 1987

Cineasta autodidacta, comezou a súa carreira como director aos 17 anos coa súa produtora Cinema Aymara Studios. En 2007, realizou a súa primeira mediometraxe de tipo experimental denominada El sendero del chulo. Wiñaypacha é a súa ópera prima.