Nota do público:

5,46

Canadá / 98 min. / Ficción / Inglés

Mercar entrada

Jules e Jackie van pasar a fin de semana a un bosque para celebrar o seu primeiro aniversario de vodas. Pero nese idílico bosque no que deberían celebrar o seu amor comezan a acontecer cousas coas que non contaban.


Ficha artística

Hannah Emily Anderson, Brittany Allen, Martha MacIsaac, Joey Klein.

Ficha técnica

Guión: Colin Minihan.
Fotografía: David Schuurman.
Música: Brittany Allen.
Produción: Digital Interference Productions.

Crítica Cineuropa

Hai neste filme do canadense Colin Miniham ecos de Revenge, o survival feminino que integrou o maratón de Cineuropa 2017. Pero, indo máis atrás, a relación tan estreita dos protagonistas desta caza humana coa natureza remite á xa lendaria Deliverance, a obra mestra de John Boorman baseada en novela de James Dickey. O ritmo frenético e a dosificación dos golpes de efecto pasan por encima de situacións máis ou menos inverosímiles. Isto é o bosque, estás completamente só e tes que te aferrar a aquilo que che axude a sobrevivir.


What keeps you alive

Colin Minihan

Port McNeill (Canadá), 1985

Fundador da produtora independente Dixital Interference, é un recoñecido realizador de videoclips e cocreador da popular franquía Grave encounters (2011). En 2016, dirixiu It stains the sands rede, película gañadora do Midnight X- Treme en Sitges. Extraterrestrial (2014) é outro dos seus títulos.