Nota do público:

7,57

Austria / 93 min. / Documental / Alemán,Inglés,Francés

Mercar entrada

«Waldheim non, Waldheim non» gritaba unha multitude no centro de Viena en 1986. Daquela, o ex Secretario Xeral da ONU, de escuro pasado nazi, presentábase como candidato do Partido Populista ás eleccións á presidencia da República. Ruth Beckermann foi unha daqueles activistas que intentaron impedir a elección de Kurt Waldheim e documentou aqueles eventos coa súa cámara. Máis de 30 anos despois, mestura o seu propio arquivo con material de televisión internacional para analizar este punto de inflexión na cultura política austriaca.


Ficha artística

Josef Aichholzer, Edgar Bronfman, Josef Broukal, John Bunzl, Hubertus Czernin, Barrie Dunsmore, Michaela Englert.

Ficha técnica

Guión: Ruth Beckermann.
Animación: David Pedro-Suarez.
Edición: Kurt Hennrich.
Produción: Ruth Beckermann Filmproduktion / ORF Film/Fernseh-Abkommen.

Premios

  • Mellor documental na Berlinale 2018.
  • Mellor filme (ex-aequo) no Play-Doc 2018.


Waldheims Walzer / O caso Kurt Waldheim

Ruth Beckermann

Viena (Austria), 1952

Tras os seus estudos de xornalismo e historia da arte en Viena, Tel Aviv e Nova York, doutorouse en 1977 na Universidade de Viena. Desenvolveu un gran labor xornalístico en varias revistas austríacas e suízas. En 1978 cofundou a distribuidora Filmladen, na que estivo activa sete anos. Desde 1985 traballa como escritora e cineasta.