Nota do público:

8,57

España / 81 min. / Documental / Castelán

Mercar entrada

Pepe saíu do psiquiátrico tras pagar condena por roubar para traballar. Unicamente a solidariedade de Antonio, activista con diversidade funcional, lle permite construír unha vida fráxil sobre a que proxectar novas ilusións. Con todo, a súa necesidade de encaixar nun mundo sen sentido convértese nunha tarefa desesperada. O horizonte da súa ansiada “normalidade” resulta inalcanzable. A relación con Antonio interpela a súa mirada sobre a vida, convidándoo a recoñecerse como anomalía e inventar unha tolemia maior para vivir.


Ficha artística

Pepe Rovira, Antonio Centeno, Arántzazu Ruiz, Ann Perelló.

Ficha técnica

Guión: Jo Sol.
Fotografía: Afra Rigamonti, Jo Sol.
Música: Niño de Elche.
Produción: Shaktimetta Produccions.


Vivir y otras ficciones

Jo Sol

Barcelona (España), 1968

Comeza a súa actividade como guionista e realizador a finais dos anos oitenta. Inicialmente centrado no campo da antropoloxía visual, desenvolve diversos videoensaios na India, en Cuba e en México. Tras un longo periplo por Asia, dirixe a súa primeira longametraxe de ficción, Tatawo. Desde entón alterna o ensaio experimental con documentais de marcado carácter socio-político.