Nota do público:

6,97

Noruega / 93 min. / Ficción / Noruegués

Mercar entrada

Coñecemos a Kaja, unha moza de 18 anos, apenas 12 minutos antes de que comece a matanza no campamento de verán da illa norueguesa de Utøya, o 22 de xullo do 2011, no que foi o peor día da historia moderna de Noruega. Os mozos acampados saben da bomba que un terrorista fixo estoupar en Oslo, pero descoñecen que Anders Breivik está na illa coa intención de matar cantas máis persoas mellor.


Ficha artística

Andrea Berntzen, Aleksander Holmen, Brede Fristad, Ada Eide, Sorosh Sadat, Elli Rhiannon Müller Osbourne.

Ficha técnica

Guión: Anna Bache-Wiig, Siv Rajendram.
Fotografía: Martin Otterbeck.
Música: Wolfgang Plagge.
Produción: Paradox Film 7 / Programme MEDIA de la Communauté Européenne / Nordisk Film / Norsk Filminstitutt.

Premios

  • Candidata ao Oso de Ouro da Berlinale 2018.

Crítica Cineuropa

Noruega, o oasis nórdico, tivo —despois do magnicidio de Olof Palme— a súa segunda perda da inocencia na matanza da illa de Utoya. Erik Pope —ao revés que a infecta versión da mesma traxedia estreada en Netflix—, non amosa o monstro, o executor. En asfixiante plano-secuencia imos vendo as súas mordeduras de bala. A montaxe conmociona, asistimos a esa coreografía do horror sen poder apartar a mirada. Case sen respirar. Terminas sentindo que estiveches alí. E que viviches para contalo.


Utøya 22. juli

Erik Poppe

Oslo (Noruega), 1960

Comezou a súa carreira como fotógrafo de prensa, polo que gañou varios premios. Despois de estudar no Dramatiska Institutet de Estocolmo, traballou como director de fotografía en varias longametraxes antes de debutar como director con Schpaa, primeira entrega da súa recoñecida triloxía Oslo. A thousand times good night (2013) e The king' s choice (2016) son outros dos seus títulos.