Nota do público:

6,78

Alxeria / 90 min. / Ficción / Árabe

Mercar entrada

En Sidi Boulekbour os fieis agardan a Ziara, a época do ano en que as familias acoden visitar os seus mortos. Para Ali, o tranquilo sepultureiro de setenta anos, esta Ziara preséntase diferente pola chegada de Joher, quen lle pide axuda para organizar o seu propio funeral. Durante tres días de peregrinación, Ali e Joher aprenden a descubrirse o un ao outro, convertendo o cemiterio en escenario dunha platónica historia de amor e enchendo de vida este lugar de morte.


Ficha artística

Boudjemaa Djillali, Djamila Arres, Mohamed Takiret, Mohamed Benbakreti, Imen Noel, Mehdi Moulay.

Ficha técnica

Guión: Yasmine Chouikh.
Fotografía: Semcheddine Touzene.
Edición: Yamina Bachir.
Produción: Making of films.

Crítica Cineuropa

A morte foi sempre un tema de reflexión para a humanidade. A curiosidade deste relato reside no seu punto de partida: a naturalidade abraiante coa que Joher, unha muller madura, chega a un cemiterio para organizar o seu propio funeral. Entre o drama e a comedia, o realismo, si, pero con grandes doses de absurdo, a directora constrúe un filme fresco sobre as, probablemente, experiencias máis universais: o amor e a morte.


Until the end of time

Yasmine Chouikh

Alxer (Alxeria), 1982

Estudou ciencias e humanidades e graduouse en psicoloxía. Traballou como xornalista cultural no diario L'Autentique en 2004 e en 2005 uniuse á televisión nacional alxeriana, onde presenta un programa sobre cinema. Á parte do seu labor na produción, dirixiu dúas curtas, The Door (2006) e Djinn (2010), e a serie de televisión Studio 27 (2015). Until the end of time é a súa ópera prima.