Francia, Suíza / 106 min. / Ficción / Francés

Mercedes rompeu co seu noivo, o que lle produce unha enorme inseguridade que xera nela unha actitude provocadora que non conduce a ningures. O suízo Alain Tanner segue fiel ao seu discurso sobre o baleiro existencial que leva ás persoas a vivir arrastrándose, sen ningún tipo de ilusión. Esta vez contou no guión con Miryam Mézières, tamén protagonista, para ofrecer unha desoladora historia en branco e negro.


Ficha artística

Myriam Mézières, Benoît Régent, Azize Kabouche, André Marcon, Douglas Ireland, Jean-Gabriel Nordmann, Biana, Jean-Yves Berteloot.

Ficha técnica

Guión: Alain Tanner, Myriam Mézières.
Fotografía: Acácio de Almeida.
Produción: Garance / La Sept Cinéma / Filmograph.


Une flamme dans mon coeur / Unha lapa no meu corazón