Italia, Francia / 114 min. / Ficción / Italiano,Inglés

Riccardo Vanzi traballa nunha empresa de zapatos en Italia cando recibe o encargo de viaxar a Nova York. Ao chegar á Gran Mazá quedará marabillado co confortable nivel de vida e co famoso soño americano, polo que decidirá conseguir a cidadanía custe o que custe. A súa primeira idea é lograla mediante un matrimonio, pero semella que o atractivo do home latino está en decadencia.


Ficha artística

Ugo Tognazzi, Marina Vlady, Rhonda Fleming, Juliet Prowse, Graziella Granata, Carlo Mazzone, Ruth Laney, Sharon Obeck, Cherie Latimer, Louisette Rousseau.

Ficha técnica

Guión: Gian Luigi Polidoro, Rafael Azcona, Ennio Flaiano.
Fotografía: Benito Frattari, Marcello Gatti, Enzo Serafin.
Música: Nino Oliviero.
Produción: Compagnie Industrielle et Commerciale Cinématographique / Films Borderie / Sancro Film.


Una moglie americana / A esposa americana