Nota do público:

4,59

Francia / 102 min. / Ficción / Francés

Mercar entrada

París, verán de 1979. Anne produce porno gai de terceira categoría. Tras o abandono de Lois, a súa editora e amante, queda desfeita. Desesperada e decidida a recuperala, filma a súa película máis ambiciosa ata o momento co seu flamante compañeiro Archibald. Pero uno dos seus actores é brutalmente asasinado e Anne vese envolvida nunha estraña investigación que lle dá a volta á súa vida.


Ficha artística

Vanessa Paradis, Nicolas Maury, Kate Moran, Jonathan Genet, Khaled Alouach, Félix Maritaud, Noé Hernandez, Thibault Servière, Bastien Waultier, Bertrand Mandico.

Ficha técnica

Guión: Yann Gonzalez, Cristiano Mangione.
Fotografía: Simon Beaufils.
Música: M83.
Produción: Charles Gillibert.

Crítica Cineuropa

Unha das propostas máis poderosas do pasado Cannes. Unha sucesión de asasinatos cometidos durante a rodaxe dun filme porno gai serve a Yann Gonzalez para unha fastosa mestizaxe de elementos do giallo de Dario Argento, do cinema de Brian de Palma ou do Antonioni de Blow-Up. O terror de paxaros de pluma de cristal, a imaxe como creación asociada ao sexo, á paixón e á morte ficcionada ou carnal. Unha pantasma da ópera homoerótica e infinitamente libre.


Un couteau dans le coeur / Coitelo e corazón

Yann Gonzalez

Niza (Francia), 1977

Entre 2006 e 2012, dirixiu seis curtas antes de pasarse á longametraxe con Les rencontres d’après minuit, que foi presentada durante a Semana da Crítica no Festival de Cannes e estreada en cinemas en novembro de 2013. Un Couteau dans le coeur é a súa segunda longa.