Arxentina, Francia / 19 min. / Experimental,Musical /

Umbrales é unha das películas restauradas no marco deste proxecto. A súa importancia débese ao retrato da atmosfera que se vivía na década dos oitenta no ambiente de contracultura. Expón a desorientación colectiva, a ocultación, a deriva dunha narrativa errática onde o que prevalece é o xogo de miradas e o rozamento dos corpos. É tamén un filme que propón unha estética do homoerotismo a través dunha acción performática colectiva e singular. Como todos os filmes da cineasta, esta é unha obra inclasificable e quizais por iso sexa tan importante neste proxecto.


Ficha técnica

Musicalización: Katja Alemann.


Umbrales

Marie Louise Alemann

Renania do Norte-Westfalia (Alemaña), 1927

Tras vivir uns anos en Checoslovaquia, trasladouse a Bos Aires en 1949, onde viviu ata a súa morte. A súa carreira artística comezou na sede do Instituto Goethe da capital arxentina, onde integrou, xunto a outros creadores, o grupo Cine Experimental Arxentino. Alí desenvolveu unha ampla diversidade de disciplinas, incluídas a fotografía, o cinema e o xornalismo.