Nota do público:

5,99

Romanía, Alemaña, República Checa, Bulgaria, Francia / 125 min. / Ficción / Inglés,Alemán

Mercar entrada

Na fronteira entre realidade e ficción, Touch me not segue as viaxes emocionais de Laura, Tómas e Christian. Ansiosos por intimar pero ao mesmo tempo con medo a facelo, intentarán superar os seus mecanismos de defensa e os seus tabús para chegar a ser libres.


Ficha artística

Laura Benson, Tómas Lemarquis, Dirk Lange, Hermann Mueller, Christian Bayerlein, Irmena Chichikova.

Ficha técnica

Guión: Adina Pintilie.
Fotografía: George Chiper.
Música: Ivo Paunov.
Produción: Manekino Film / 4 Proof Film / Agitprop / Les films de l'etranger / Pink Productions / Rohfilm.

Premios

  • Oso de Ouro á mellor película e mellor ópera prima na Berlinale 2018.

Crítica Cineuropa

O Oso de Ouro na Berlinale para a romanesa Adina Pintilie non chega exento de polémicas. O seu marco difuso entre a ficción e o documental aplícase a unha serie de personalidades con sexualidade complexa —impotencias para o contacto físico, masturbacións mercenarias, sesións de sadomasoquismo en grupo—, e a outros que superan as súas dificultades (un home con atrofia muscular na columna, un travesti que semella querer curar coa palabra...). O cóctel que cociña Pintilie permítelle tamén entrar en plano, amosar o embigo autoral. Un "viva a xente" clasificado X? Xulguen vostedes.


Touch me not

Adina Pintilie

Bucarest (Romanía), 1980

Esta artista e cineasta romanesa graduouse na Universidade Caragiale de Artes Teatrais e Cinematografías en Bucarest en 2008. Situado na fronteira entre a ficción, o documental e as belas artes, o seu traballo caracterízase por un particular estilo experimental, así como polo seu interese na máis incisiva análise da psique humana.