Nota do público:

4,44

Arxentina / 92 min. / Ficción / Castelán

Mercar entrada

Unha muller visita a súa casa nunha illa do Delta do Tigre nun intento de reconectar co seu fillo, pero descobre que os regresos e as reconciliacións nunca son sinxelos. Unha nena pérdese na selva. Máquinas fluviais buscan arrasalo todo. A auga está subindo.


Ficha artística

Marilú Marini, María Ucedo, Agustín Rittano, Lorena Vega, Melina Toscano.

Ficha técnica

Guión: Silvina Schnicer.
Fotografía: Ivan Gierasinchuk.
Edición: Delfina Castagnino, Damian Tetelbaum, Ulises Porra Guardiola.
Produción: Barbara Sarasola-Day, Federico Eibuszyc.

Crítica Cineuropa

A suxestiva ópera prima de Silvina Schnicer e Ulises Porra sitúanos nunha paisaxe tan escura, exuberante e húmida que o ambiente resulta sufocante, próximo ao de La ciénaga de Lucrecia Martel. Os formidables traballos de fotografía e son non fan senón incidir nesta sensación de inquietude mediante a captación de pintorescos contrastes de luz e do murmurio dos insectos, persistente banda sonora da película. A atmosfera é tan crible que mesmo semella perceptible o cheiro da auga turbia. Narrativamente trátase dun drama coral con varias liñas argumentais, virando a principal ao redor de Rina, unha excelente Marilú Marini. Rina concentra familia e amigos na súa casa da illa como acto de resistencia fronte aos intereses especulativos dunha empresa que está devastando a zona. Unha das grandes virtudes do guión de Schnicer é a complexidade dos numerosos personaxes, especialmente os femininos, con mulleres de diferentes idades e caracteres, todas elas perfectamente fiadas, cheas de emocións diversas e múltiples contradicións.


Tigre

Silvina Schnicer

Bos Aires (Arxentina), 1981

Estudou comunicación social na Universidade de Bos Aires. Xunto a Ulises Porra Guardiola, codirixiu varias curtametraxes. Tigre é o seu debut cinematográfico.

Ulises Porra Guardiola

Barcelona (España), 1982

Estudou Filosofía na Universidade de Barcelona. Xunto a Silvina Schnicer, codirixiu varias curtametraxes. Tigre é a súa ópera prima.