Nota do público:

7,46

Turquía, Francia, Alemaña, Bulgaria, Macedonia, Bosnia, Suecia, Catar / 188 min. / Ficción / Turco

Mercar entrada

Sinan é un apaixonado da literatura que sempre quixo ser escritor. Ao volver á aldea onde naceu, inviste toda a súa enerxía en reunir os cartos que necesita para ser publicado, pero as débedas do seu pai convértense nun obstáculo.


Ficha artística

Hazar Ergüçlü, Murat Cemcir, Dogu Demirkol, Bennu Yildirimlar.

Ficha técnica

Guión: Nuri Bilge Ceylan, Akin Aksu, Ebru Ceylan.
Fotografía: Gökhan Tiryaki.
Edición: Nuri Bilge Ceylan.
Produción: Memento Films Production / Zeynofilm / Detailfilm / Film i Väst / RFF International / Sister and Brother Mitevski.

Crítica Cineuropa

Nuri Bilge Ceylan volve constatar a súa dimensión de cineurgo colosal con este achegamento aos conflitos que profundan nas diferenzas e na desigualdade na sociedade turca, a partir da brecha cultural e económica entre o campo e a cidade, a cicatriz xeracional expresada polas friccións constantes dese fillo millenial e os seus pais e irmáns que permaneceron na aldea. Dese choque de aparencia nimia, Ceylan vai esculpindo os perfís dunha sociedade enferma, bifronte, allea ás liberdades nin tan sequera formais. E faino noutro fresco poético de arte maiúscula.


The wild pear tree

Nuri Bilge Ceylan

Istambul (Turquía), 1959

Tras graduarse en enxeñería pola Universidade do Bósforo, estudou cine durante dous anos na Universidade Mimar Sinan, en Istambul. Coa súa primeira longametraxe Small Town (1997) adquiriu un grande recoñecemento. En 2008 recibiu o premio ao mellor director no Festival de Cannes por Three Monkeys. Con Winter Sleep (2014), exhibida no 29º Cineuropa, acadou a Palma de Ouro de Cannes.