Estados Unidos / 79 min. / Ficción / Inglés

Tras ser abandonado pola súa muller, Paul Groves, un realizador de anuncios para televisión, atravesa unha profunda crise persoal. Busca entón axuda no seu amigo John, pero a este só se lle ocorre incitalo a consumir LSD, unha droga alucinóxena. A necesidade de evadirse e a curiosidade levan a Paul a probala para facer unha «viaxe» ás ocultas dimensións do subconsciente. Escrita por Jack Nicholson, The trip foi a primeira película que tratou o tema do consumo desta droga.


Ficha artística

Peter Fonda, Susan Strasberg, Bruce Dern, Dennis Hopper, Salli Sachse, Barboura Morris, Judy Lang.

Ficha técnica

Guión: Jack Nicholson.
Fotografía: Archie R. Dalzell.
Música: American Music Band.
Produción: American International Pictures.


The trip / A viaxe