Estados Unidos / 94 min. / Ficción / Inglés

Un apagamento xeral nunha cidade americana desencadea unha serie de acontecementos de imprevisibles consecuencias. Despois de varios días sen luz, Matthew e Annie, pais dun bebé, comezan a preocuparse e convidan un amigo para que quede con eles ata que se restableza a subministración eléctrica. En canto comezan a difundirse rumores de pillaxe na veciñanza, Matthew e o seu amigo Joe deciden mercar unha arma para defenderse.


Ficha artística

Kyle MacLachlan, Elisabeth Shue, Dermot Mulroney, Michael Rooker, Richard T. Jones, Richard Schiff, Bill Smitrovich.

Ficha técnica

Guión: David Koepp.
Fotografía: Newton Thomas Sigel.
Música: James Newton Howard.
Produción: Gramercy Pictures / Amblin Entertainment / Universal Pictures.


The trigger effect / O efecto dominó