Nota do público:

7,51

Serbia, Francia, Catar / 104 min. / Ficción / Serbio

Mercar entrada

Unha porta pechada dentro dun apartamento de Belgrado mantivo unha familia separada do seu pasado durante máis de 70 anos. Cando a cineasta comeza unha conversación íntima coa súa nai, as gretas políticas que atravesan o seu fogar revelan unha casa e un país atormentados pola historia. A crónica dunha familia en Serbia convértese no retrato desgarrador dunha activista en tempos de grande axitación, cuestionando a responsabilidade de cada xeración para loitar polo seu futuro.


Ficha técnica

Guión: Mila Turajlic.
Fotografía: Mila Turajlic.
Edición: Sylvie Gadmer, Aleksandra Milovanovic.
Produción: Carine Chichkowsky and Mila Turajlic.

Premios

  • Premio do Público e FIPRESCI no ZagrebDox 2018.
  • Premio do xurado do 36ª Festival Cinematográfico Internacional do Uruguai na categoría de Dereitos Humanos 2018.
  • Mellor longametraxe documental no IDFA de Amsterdam.

Crítica Cineuropa

O celebrado filme de Mila Turajlic mestura o persoal e o político, tecendo a historia de Serbia coas memorias familiares. O relato comeza coa porta que se pechou en tempos de Tito co propósito de expropiar parte do apartamento para entregarllo a outra familia. Esa división do fogar dos Turajlic é simbólicamente extrapolada á realidade social do país desde a orixe da desintegración de Iugoslavia ata o presente. A través das conversas entre nai e filla, descubrimos a Srbijanka Turajlic, nai da cineasta, profesora da Universidade de Belgrado, activista e opositora ao réxime de Slobodan Milosevic, que narra con sabedoría e honestidade uns feitos dos que ela mesma formou parte activa. A fortaleza e valentía que desprenden as palabras de Srbijanka apelan á responsabilidade individual para cambiar a orde das cousas.


The other side of everything

Mila Turajlic

Belgrado (Serbia), 1979

Despois de obter unha licenciatura en cinema e produción televisiva na Escola Nacional de Cinema de Belgrado, doutorouse en cinema pola Universidade de Westminster e licenciouse en ciencias políticas na Escola de Económicas de Londres. Coa súa ópera prima, Cinema Komunisto (2010), logrou un gran recoñecemento e numerosos galardóns.