Nota do público:

7,36

Estados Unidos / 91 min. / Ficción / Inglés

Mercar entrada

En 1993, despois de descubrir que é homosexual, a familia da adolescente Cameron envíaa a un remoto centro de tratamento para sometela a unha terapia e obrigala a facerse heterosexual.


Ficha artística

Chloë Grace Moretz, Sasha Lane, Forrest Goodluck, John Gallagher Jr., Jennifer Ehle, Quinn Shephard, Dalton Harrod.

Ficha técnica

Guión: Desiree Akhavan, Cecilia Frugiuele (Novela: Emily M. Danforth).
Fotografía: Ashley Connor.
Música: Julian Wass.
Produción: Beachside Films / Parkville Pictures.

Premios

  • Mellor película en Sundance 2018.
  • Espiga de prata na Seminci 2018.

Crítica Cineuropa

A norteamericana de orixe iraniana Desiree Akhavan, quen xa trataba dos conflitos na defensa dunha identidade non heterosexual no seu debut Appropriate Behaviour e na serie Bisexual, gañou o premio á mellor película en Sundance con esta adaptación dunha novela onde se denuncian os insólitos centros de terapia para a «curación de homosexuais» en Estados Unidos. Chlöe Grace Moret —formidable, nun ano que tamén protagonizou Suspiria— é a Cameron Post empoderada desta comedia de denuncia a través do humor cáustico, algo así como un cruzamento de John Hughes e de Todd Haynes.


The miseducation of Cameron Post

Desiree Akhavan

Nova York (Estados Unidos), 1984

Actriz e cineasta, formouse en teatro e cinema no Smith College. Logo de graduarse, estudou dirección de cinema na Tisch School of the Arts da Universidade de Nova York e na Universidade Queen Mary de Londres. The miseducation of Cameron Post é a súa segunda logametraxe.