Nota do público:

7,25

Rusia, Estonia, Francia / 105 min. / Ficción / Ruso

Mercar entrada

Egor é un valente garda forestal que traballa na taiga siberiana. Trátase dun bo home de familia, é respectado polos seus veciños e agarda un segundo fillo da súa esposa Natalia. Con todo, Egor descobre un día que ten cancro e que lle quedan só dous meses de vida. Sen outras opcións dispoñibles, fai un último intento desesperado de enganar a morte e superar a enfermidade: elixe asumir a identidade dunha muller.


Ficha artística

Evgeniy Tsyganov, Natalya Kudryashova.

Ficha técnica

Guión: Aleksey Chupov, Natalya Merkulova.
Fotografía: Mart Taniel.
Música: Andrey Kurchenko.
Produción: Katia Filipova.

Premios

  • Premio Horizontes á mellor actriz no Festival de Cine de Venecia 2018.

Crítica Cineuropa

Debería ser un dos sleepers, dos descubrimentos deste festival. O anuncio dunha enfermidade sen físgoas para a esperanza devén en vía cara ao autodescubrimento e a liberación dun garda forestal. O seu proceso de travestismo na taiga, a Rusia profunda, é un acto de subversión revolucionaria e desata a homofobia ancestral ben coñecida, que o despacho de Putin non fai senón alimentar. E de aí este filme imprevisible eríxese en obra de emancipación, e como un milagre entre Dreyer e o máis xenuíno e efectivo activismo LGTBI.


The man who surprised everyone / O home que sorprendeu a todos

Natalya Merkulova

Orenburg (Rusia), 1979

Estudou xornalismo e traballou como presentadora de televisión antes de realizar estudos superiores en guión e dirección. Ademais de dirixir series, anuncios comerciais e videoclips, escribiu e codirixiu xunto a Alexey Chupov Intimnye mesta (2013). The man who surprised everyone é a súa segunda longametraxe.

Aleksey Chupov

Moscova (Rusia), 1973

É o creador das primeiras comedias de internet rusas. Ademais de realizar numerosos documentais históricos, escribiu o guión de varias series televisivas. En 2013 dirixiu e escribiu, tamén xunto a Natalya Merkulova, a longa Intimnye mesta. The man who surprised everyone é a súa segunda longametraxe de ficción.