Nota do público:

7,26

Estados Unidos / 97 min. / Ficción / Inglés

Mercar entrada

Lisa Spinelli é unha profesora de Staten Island que é inusualmente atenta cos seus estudantes. Cando descobre que un deles é un neno prodixio, queda fascinada e acabará arriscando a súa vida familiar e a súa liberdade para intentar que o neno poida desenvolver o seu talento.


Ficha artística

Maggie Gyllenhaal, Parker Sevak, Rosa Salazar, Anna Barynishikov, Michael Chernus, Gael García Bernal.

Ficha técnica

Guión: Sara Colangelo.
Fotografía: Pepe Avila del Pino.
Música: Asher Goldschmidt.
Produción: Pie Films / Maven Pictures / PaperChase Films.

Premios

  • Mellor director de filme dramático no Festival de Sundance 2018.

Crítica Cineuropa

Hai catro anos puidemos ver no noso festival un filme israelí de Nadav Lapid que moitos non esquecerían. Aquela relación entre unha profesora e o seu alumno que con cinco anos se revelaba como un poeta de profundidade, un prodixio que acababa por resultar inquietante. Sobre aquela obra mestra, en aparencia irrepetible na súa alquimia, filmou Sara Colangelo o seu remake, co visto e prace de Lapid e o premio á mellor dirección en Sundance. O resultado é máis que convincente: é quen de reter a tensión crecente que levaba xa a versión israelí do cinema con neno ao thriller irrespirable. E a interpretación de Maggie Gyllenhaal, recuperada grazas á estupenda serie The Deuce soa xa como candidata ao Oscar.


The Kindergarten Teacher

Sara Colangelo

Nova York (Estados Unidos)

Formouse como guionista e directora na Universidade de Nova York. Tras realizar varias curtas, dirixiu en 2014 Little accidents, a súa ópera prima. O filme tivo a súa estrea no Festival de Cine de Sundance e foi seleccionado en numerosos festivais internacionais. The kindergarten teacher é a súa segunda longametraxe.