Nota do público:

6,33

Dinamarca / 155 min. / Ficción / Inglés

Mercar entrada

Estados Unidos, anos setenta. Seguimos o brillantísimo Jack durante cinco incidentes a medida que descubrimos as mortes que marcan o seu percorrido de asasino en serie. Vivimos a historia desde o seu punto de vista. Para el, cada asasinato representa unha auténtica obra de arte, pero a súa inadaptación cáusalle problemas co mundo que o rodea.


Ficha artística

Matt Dillon, Bruno Ganz, Uma Thurman, Riley Keough, Sofie Gråbøl, Siobhan Fallon.

Ficha técnica

Guión: Lars von Trier .
Fotografía: Manuel Alberto Claro, Dff.
Edición: Molly Malene Stensgaard.
Produción: Louise Vesth.

Crítica Cineuropa

No seu repaso a xéneros para alcanzar a obra definitiva, Lars Von Trier decide que chegou o momento de orquestrar a súa inmersión no cinema de serial-killers. E Matt Dillon aplica a súa arte de liquidador dividido en cinco segmentos: por enriba da crueldade deste asasino compulsivo, Von Trier sitúa unha serie de reflexións sobre a arte e a moral, sobre o mal absoluto e a beleza irrepetible de Glen Gould e Bach. O cineasta atormentado —alter ego das obsesións de Dillon—, non deixa Uma Thurman respirar tanto como en Kill Bill.


The house that Jack built / A casa de Jack

Lars von Trier

Copenhague (Dinamarca), 1956

É o cofundador da produtora Zentropa e un dos fundadores do movemento danés Dogma nos noventa. As súas películas foron premiadas en todo o mundo. Gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes por Bailar na escuridade; o Premio do Gran Xurado por Rompendo as ondas; o Premio á Mellor Interpretación Feminina para Charlotte Gainsbourg en Anticristo, e para Kirsten Dunst en Melancolía.