Irán / 21 min. / Documental / Persa

Recoñecido documental iraniano sobre a vida e sufrimento nun lazareto, que foi cualificado como unha peza imprescindible do xénero próximo a obras como Las Hurdes, de Luis Buñuel, ou Freaks, de Tod Browning. A única obra cinematográfica de Forough Farrokhzad da comezo coa cita "O mundo está cheo de fealdade. Aínda habería máis se o home apartase a mirada. Van ver en pantalla unha imaxe da fealdade, un retrato do sufrimento, que sería inxusto ignorar" e posteriormente mostra, de forma crúa mais tamén poética, a vida nunha colonia de leprosos.


Ficha técnica

Guión: Forugh Farrokhzad.
Fotografía: Soleiman Minasian.
Produción: Studio Golestan.


The house is black