Nota do público:

7,88

Dinamarca / 85 min. / Ficción / Danés

Mercar entrada

Asger Holm, un exoficial de policía, foi suspendido das súas funcións e relegado a operador do servizo de emerxencias. Durante a súa quenda de noite, recibe a estraña chamada dunha muller aterrada. Asger decátase de que a muller alén do teléfono está secuestrada e comeza a procura. Recluído na súa mesa na central de emerxencias, Asgar terá que localizar e axudar a muller en perigo coa axuda dos seus compañeiros en todo o país. Conforme avanza o reloxo, Asgar terá que enfrontarse non só á precipitación dos acontecementos relacionados co crime, senón tamén aos seus propios demos persoais.


Ficha artística

Jakob Cedergren, Jessica Dinnage, Omar Shargawi, Johan Olsen, Maria Gersby, Jakob Ulrik Lohmann, Laura Bro.

Ficha técnica

Guión: Emil Nygaard Albertsen, Gustav Möller.
Fotografía: Jasper Spanning.
Música: Carl Coleman, Caspar Hesselager.
Produción: Nordisk Film.

Premios

  • Premio do público en Sundance.

Crítica Cineuropa

Un thriller de orixinalidade esmagadora. O sueco Gustav Möeller é quen de soster o ritmo frenético nun suspense xerado desde un espazo mínimo: un policía e un teléfono. De aí, o manexo do son, dos sabios golpes de guión que atrapan e bandean con mestría e sen descanso, no que son imaxes só suxeridas pola conversación.


The guilty

Gustav Möller

Gotemburgo (Suecia), 1988

En 2015 graduouse na Escola Nacional de Cine de Dinamarca coa película In darkness, que gañou o premio Next Generation Award en Haugesund. The guilty é a súa ópera prima.