Nota do público:

6,01

Serbia, Francia, Croacia, Irán, Catar / 98 min. / Ficción / Serbio

Mercar entrada

Durante o bombardeo da OTAN en Serbia en 1999, Vlada conduce un camión frigorífico polo país. Non quere saber que é o que transporta, pero a súa mercadoría converterase aos poucos na súa carga.


Ficha artística

Leon Lucev, Pavle Cemerikic, Tamara Krcunovic, Ivan Lucev, Igor Bencina.

Ficha técnica

Guión: Ognjen Glavonic.
Fotografía: Tatjana Krstevski.
Edición: Jelena Maksimovic.
Produción: Cinémadefacto / Kinorama / Non-Aligned Films / Three Gardens Film.

Premios

  • Candidato á Cámara de Ouro de Cannes 2018.

Crítica Cineuropa

Vlada ten que levar un misterioso cargamento de Kósovo a Belgrado. O seu camión é pesado pero semella que non sabe, e que talvez nunca saberá, o que transporta. A través dos encontros cos diferentes personaxes, a película comezará a comunicar unha incomodidade tan tensa como os camiños que Vlada debe percorrer, incapacitado polo seu estraño traballo para conxeniar con quen sexa, co problema engadido de atoparse no medio dunha guerra. O filme devén nun lúcido thriller político que non evita o conflito en ningún momento. Unha historia implacable, intelixente e sobria. Necesaria.


Teret / The load

Ognjen Glavonić

Pančevo (Serbia), 1985

Graduouse en cinema e televisión na Facultade de Artes Dramáticas de Belgrado. As súas curtas Zivan makes a punk festival (2014) e Depth two (2016), foron seleccionadas por máis de 50 festivais internacionais. É o fundador do Festival de Cinema de Pančevo. The load (2018) é a súa primeira longametraxe de ficción.