Francia, Italia, España / 101 min. / Ficción / Francés,Castelán

Michel é un home maduro que ten todo o que pode desexar: un bo traballo, unha esposa brillante e unha amante apaixonada. Pero un día adquire por capricho unha boneca inchable que case semella unha muller real. Así empeza a gozar da submisión e a docilidade que non pode atopar na súa esposa, chegando mesmo a ter celos e a desconfiar daqueles que a poidan desexar.


Ficha artística

Michel Piccoli, Rada Rassimov, Amparo Soler Leal, Queta Claver, Manuel Alexandre, Julieta Serrano, Claudia Bianchi, Valentine Tessier.

Ficha técnica

Guión: Rafael Azcona, Luis García Berlanga.
Fotografía: Alain Derobe.
Música: Maurice Jarre.
Produción: Jet Films / Uranus Productions / Verona Produzione.


Tamaño natural (Versión íntegra con metraxe engadida)