Nota do público:

5,48

Estados Unidos / 90 min. / Ficción / Inglés

Mercar entrada

Lisa é a moi involucrada xerente dun restaurante que intenta mantelo en pé, levarse ben co propietario e cos clientes e apoiar as súas empregadas. Pero unha avalancha de problemas acumulados gradualmente mina a súa paciencia.


Ficha artística

Regina Hall, Haley Lu Richardson, Dylan Gelula, Amanda Michalka, Shayna McHayle, Lea DeLaria, James Legros.

Ficha técnica

Guión: Andrew Bujalski.
Fotografía: Matthias Grunsky.
Edición: Karen Skloss.
Produción: Prodigy Pictures / Burn Later Productions / Houston King Productions.

Crítica Cineuropa

Benvidos a unha das películas norteamericanas máis celebradas do curso independente. Benvidos ao show de Regina Hall como propietaria dun bar con mozas que visten de forma provocadora pero que traballan baixo a protección da súa xefa, unha singularísima coach que as axuda para superar os malos tratos do pasado. Benvidos a todo o que acontece neste bar deportivo baixo a dirección de Andrew Bujalsky, alumno avantaxado de Chantal Akerman.


Support the girls

Andrew Bujalski

Massachusetts (Estados Unidos), 1977

Estudou cine no Departamento de Estudos Visuais e Ambientais de Harvard, onde a cineasta belga Chantal Akerman foi a súa titora de tese. A súa cuarta longametraxe, Computer Chess, estreouse no Festival de Cinema de Sundance 2013 e gañou o Premio Alfred Sloan á mellor longametraxe.