Nota do público:

5,89

Francia, Hungría / 144 min. / Ficción / Húngaro

Mercar entrada

1913 en Budapest, o corazón de Europa. Despois de pasar a súa infancia nun orfanato, Irisz Leiter chega á capital húngara con 20 anos e a esperanza de traballar na antiga tenda de chapeus dos seus pais, mais é rexeitada polo novo propietario. Ao mesmo tempo, terá que enfrontarse ao seu pasado cando descobre un irmán que nunca soubo que tiña. O seu empeño por atopalo lévaa a destapar escuros segredos mentres o país se prepara para o caos da guerra.


Ficha artística

Juli Jakab, Vlad Ivanov, Judit Bárdos, Susanna Wuest, Tom Pilath, Levente Molnár, Urs Rechn, Christian Harting.

Ficha técnica

Guión: László Nemes, Clara Royer, Matthieu Taponier.
Fotografía: Mátyás Erdély.
Música: László Melis.
Produción: Laokoon Filmgroup / Playtime Production / Hungarian National Film Fund.

Premios

  • Premio FIPRESCI no Festival de Venecia 2018.

Crítica Cineuropa

Tras se consagrar en Cannes coa escenificación da asfixia envolvente dun campo de exterminio nazi en Son of Saul, László Nemes recorre ao mesmo dispositivo de inmersión e ao punto de vista subxectivo do seu protagonista, aquí unha moza que chega á Budapest de comezos do século XX, mentres cae o Imperio Austrohúngaro. Nun marco de forza visual irresistible, Nemes arrisca de novo na narración elíptica, na formulación da investigación desta muller como un percorrido psicotrópico, insondable e inquietante.


Sunset / Atardecer

László Nemes

Budapest (Hungría), 1977

Estudou historia, relacións internacionais e escritura de guións. Durante dous anos traballou como asistente de Béla Tar en O home de Londres. Logo marchou a Nova York para estudar dirección na Tisch School of the Arts da Universidade de Nova York. Coa súa ópera prima, Son of Saul, acadou o Oscar á mellor película de fala non inglesa e o gran premio do xurado en Cannes.