Reino Unido, Estados Unidos / 114 min. / Ficción / Inglés

Na Nova Orleans de 1937, unha rica viúva, a señora Venable, ofrece ao doutor Cukrowicz os fondos para crear un hospital a condición de que practique unha lobotomía á súa sobriña Catherine. A señora Venable atópase perturbada pola recente morte en Europa do seu fillo Sebastian, con quen adoitaba viaxar todos os veráns, salvo o último, no que Sebastian preferiu levar como acompañante a súa curmá Catherine.


Ficha artística

Elizabeth Taylor, Montgomery Clift, Katharine Hepburn, Albert Dekker, Mercedes McCambridge, Gary Raymond, Joan Young.

Ficha técnica

Guión: Tennessee Williams, Gore Vidal.
Fotografía: Jack Hildyard.
Música: Buxton Orr, Malcom Arnold.
Produción: Columbia Pictures presents a Sam Spiegel production.

Premios

  • Globo de Ouro á mellor actriz principal en 1959.


Suddenly, last summer / De súpeto, o último verán