Nota do público:

6,87

Alemaña / 115 min. / Documental / Alemán

Mercar entrada

O Colectivo Socialista de Pacientes (en alemán Sozialistisches Patientenkollektiv, e coñecido polas súas siglas SPK) foi unha organización esquerdista de pacientes psiquiátricos da Policlínica da Universidade de Heidelberg, fundada por Wolfgang Huber en 1970. Combatía a medicina e aos médicos como inimigos de clase, vía o capitalismo como a causa das enfermidades físicas e mentais e usaba a enfermidade como arma contra a sociedade capitalista. Axiña comezaron os enfrontamentos coa Universidade de Heidelberg e as autoridades locais. O conflito intensificouse rapidamente e deu lugar á radicalización do SPK. O seu experimento de terapia grupal finalmente terminou en arrestos, prisión e a revogación da licenza de Huber para practicar a medicina.


Ficha técnica

Guión: Gerd Kroske.
Edición: Olaf Voigtländer, Stephan Krumbiegel.
Música: Milena Kipfmüller, Klaus Janek.
Produción: Gerd Kroske.

Crítica Cineuropa

As acusacións de apoiar a RAF, e por tanto de ser cómplice do seu terrorismo, agochan as principais e vangardistas liñas de traballo do movemento SPK: os dereitos dos pacientes psiquiátricos, a resistencia e o empoderamiento, cuestións que aínda hoxe seguen a ser relevantes.
Complexo SPK céntrase na historia non contada dos acontecementos previos ao "outono alemán". Unha historia de tolemia, percepción pública e violencia (in)evitable.


SPK Komplex / Complexo SPK

Gerd Kroske

Dessau (Alemaña), 1958

Estudou dirección na escola de cinema HFF Konrad Wolf en Potsdam-Babelsberg e traballou nos estudos de cinema documental DEFA entre 1987 e 1991, onde colaborou con directores como Juergen Boettcher, Petra Tschoertner e Volker Koepp. Desde 1991 traballa como guionista e director independente. En 1996 fundou a súa propia produtora de cine documental.