Francia / 95 min. / Documental / Hebreo,Francés

O filme nace a partir dunha entrevista que lle concedeu Yehuda Lerner a Claude Lanzmann en 1979, durante a rodaxe de Shoah, a súa famosa película de 1985 acerca da barbarie nazi. Sobibor ocúpase de narrar a única revolta exitosa que houbo nun campo de exterminio. Nela, unha vintena de prisioneiros xudeus mataron a machadazos dezaseis oficiais alemáns, cortaron a luz e a electricidade e conseguiron darse á fuga.


Ficha técnica

Guión: Claude Lanzmann.
Fotografía: Dominique Chapuis, Caroline Champetier.
Produción: France 2 Cinéma / Les Films Aleph / Why Not Productions.


Sobibór, 14 octobre 1943, 16 heures