República Checa / 76 min. / Ficción / Checo

Dúas mozas conclúen, mentres toman o sol, que «se neste mundo todo está corrompido, corromperémonos nós tamén». Así comeza unha sucesión de escenas inconexas nas que as dúas protagonistas xogan a seren perversas coa súa contorna. Enganan a homes maduros para comer gratuitamente, boicotean eventos musicais, engolen os manxares dun banquete preparado para outros... Vera Chytilová introdúcenos no singular mundo destas mozas rompendo a linealidade narrativa e empregando a técnica colaxe tanto a nivel visual como auditivo.


Ficha artística

Jitka Cerhová, Ivana Karbanová, Marie Cesková, Julius Albert, Jan Klusák.

Ficha técnica

Guión: Vera Chytilová, Ester Krumbachová (Historia: Vera Chytilová, Pavel Jurácek).
Fotografía: Jaroslav Lucera.
Música: Jirí Slitr, Jirí Sust.
Produción:.


Sedmikrásky / As margaridas