Nota do público:

7,06

Irán / 100 min. / Ficción / Persa

Mercar entrada

A coñecida actriz Behnaz Jafari non pode resistir a chamada de auxilio dunha moza de provincias cuxa familia quere impedirlle que siga estudando no Conservatorio de Teherán. Behnaz decide abandonar unha rodaxe e recorre ao cineasta Jafar Panahi para resolver o misterio que esconden os problemas da moza. Desprázanse en coche cara ao noroeste rural do país, onde coñecen os amables habitantes da aldea de montaña da nova actriz. Pero os visitantes non tardan en descubrir que a tradición é tan poderosa como a hospitalidade.


Ficha artística

Behnaz Jaffari, Jafar Panahi, Marziyeh Rezaei, Maedeh Erteghaei, Narges Delaram.

Ficha técnica

Guión e produción: Jafar Panahi.
Fotografía: Amin Jafari.
Edición: Mastaneh Mohaier.
Son: Amireza Alavian.

Premios

  • Mellor guión no Festival de Cannes 2018.

Crítica Cineuropa

Jafar Panahi —o cineasta cuxa reclusión domiciliaria non impide filmar e dirixir en exteriores— chega cunha actriz que é estrela do cinema persa a unha recóndita aldea onde o mundo do espectáculo é visto como algo non sancto. Cinema dentro do cinema como mecanismo para contar a evolución de tres xeracións de mulleres nunha sociedade de liberdades constrinxidas.


Se rokh / 3 caras

Jafar Panahi

Mianeh (Irán), 1960

Este representante da Nova Vaga Iraniana comezou como asistente de Abbas Kiarostami e dirixindo curtametraxes. Acadou fama internacional coa súa ópera prima, O globo branco (1995), Cámara de Ouro no Fsetival de Cannes. As súas películas conseguiron unha infinidade de premios a pesar de que a miúdo foron prohibidas polo goberno iraniano.