Romanía / 9 min. / Animación / Romanés

Mercar entrada

Considerado nun momento dado o Disney romanés, Ion Popescu-Gopo afirmouse como líder da animación europea da segunda metade do século XX. Este feito certificouse co premio que obtivo Scurtă istorie en Cannes en 1957, unha película que non temía sacar á luz ideas políticas subversivas nun clima marcado pola morte de Stalin, polo “aborto” da Conferencia de Xenebra e polo fortalecemento do Pano de Aceiro que separaba Europa. Para facer dixerible esta mensaxe, Gopo recorre ao humor presente en todas as súas películas de animación ou de ficción artística.


Ficha técnica

Guión: Ion Popescu-Gopo.
Produción: Est/Ouest Distribution.

Premios

  • Palma de Ouro á mellor curtametraxe en Cannes 1957.


Scurtă Istorie / Unha historia curta