Nota do público:

6,67

Francia / 99 min. / Ficción / Francés

Mercar entrada

Leo ten 22 anos e vende o seu corpo na rúa por uns poucos cartos. Os homes van e veñen, e el queda xusto aí, anhelando amar. Non sabe que lle deparará o futuro pero el continúa en marcha. O seu corazón latexa con forza.


Ficha artística

Félix Maritaud, Eric Bernard, Nicolas Dibla, Philippe Ohrel, Marie Seux, Lucas Bléger, Camille Müller, Jean-Pierre Baste.

Ficha técnica

Guión: Camille Vidal-Naquet.
Fotografía: Jacques Girault.
Música: Romain Trouillet.
Produción: Emmanuel Giraud/ Les Films de la Croisade - Marie Sonne-Jensen / La voie lactée.

Premios

  • Premio FIPRESCI da crítica ao mellor debut no Jerusalem Film Festival 2018.
  • Mellor longametraxe no Oslo/Fusion Int'l Film Festival 2018.
  • Premio da Fundación Louis Roederer para Félix Maritaud na Semana da Crítica de Cannes 2018.

Crítica Cineuropa

A gran revelación da pasada Semana da Crítica de Cannes é este exercicio de coraxe que propón a inmersión no latexo dun personaxe de marxinalidade extrema —un mozo politoxicómano que exerce a prostitución na rúa—, que é quen de elevar de entre as sórdidas acometidas dese submundo un discurso case poético de fe no amor, na solidariedade que discorre de modo harmonioso con esa crueza dos encontros sexuais baixo pago que emblematizan procuras do desexo asociadas a roles fantasmáticos radicais. E, deses combates ao límite, o seu protagonista dá tumbos de semideus ou de Ecce Homo un segundo antes da caída.


Sauvage

Camille Vidal-Naquet

Nevers (Francia), 1972

Cunha mestría en literatura, dirixe dúas curtas de ficción, Backstage (2001) e Mauvaise tête (2014), tras realizar unha primeira peza experimental en linguaxe de signos titulada Génie. Ao mesmo tempo, exerce como docente de análise de cinema. Sauvage é a súa ópera prima.