España / 75 min. / Documental / Castelán,Inglés,Bérber,Galego

Coa súa opera prima Oliver Laxe gaña o Premio FIPRESCI en Cannes e vaise a vivir ás montañas de Marrocos. Despois de cinco anos afondando no seu coñecemento do sufismo, regresa a Vilela, a aldea abandonada dos seus avós, para renovar a casa da familia e capturar a contorna nunha película de 16 mm, creando Santos #2. Work in Progress é un documental etnográfico que viaxa a través do mundo creativo dun cineasta durante o proceso de filmación e edición dunha película inacabada.


Ficha técnica

Guión: Antón Corbal, Jacobo Paz.
Fotografía: César Pérez, Alex Gaultier.
Son: Elias Dege, Antón Corbal.
Produción: Antón Corbal.

Crítica Cineuropa

Na súa opera prima, Corbal entrelaza dúas realidades utilizando o cineasta Oliver Laxe como ponte entre o retiro espiritual e o mundo secular, como unha transición entre as montañas do Anti-Atlas e dos Ancares. Work in Progress traballa así a dous niveis, como documento metacinematográfico e como unha película que toma forma nalgún lugar entre a espiritualidade e a súa ausencia.


Santos #2. Work in progress

Antón Corbal

A Coruña (España), 1986

Licenciado en bioloxía e cun mestrado en comportamento, conduta e neurobioloxía, estudou en 2011 dirección de documentais na Escola de Cinema de Barcelona e realizou a súa primeira curtametraxe, Sensa Benzina. Work in Progress é a súa ópera prima. Na actualidade traballa en Seeking Utopia, un proxecto que foi recoñecido no 19° Festival de Cinema Ambiental de Turín.