Italia, Francia / 117 min. / Ficción / Italiano,Francés,Alemán

Nunha mansión, catro señores reúnense con catro exprostitutas e cun grupo de mozos de ambos os dous sexos, partisanos ou fillos de partisanos, que foron feitos prisioneiros. Ninguén na casa pode eludir as regras do xogo establecidas polos señores; toda transgresión castígase coa morte. Ademais, eles gozan da facultade de dispoñer ao seu antollo da vida dos rapaces.


Ficha artística

Paolo Bonacelli, Giorgio Cataldi, Umberto Paolo Quintavalle, Aldo Valletti, Caterina Boratto, Elsa De Giorgi, Sonia Saviange, Laura Betti.

Ficha técnica

Guión: Pier Paolo Pasolini (Novela: Marqués de Sade).
Fotografía: Tonino Delli Colli.
Música: Ennio Morricone.
Produción: Alberto Grimaldi, Alberto De Stefanis, Antonio Girasante.


Salò o le 120 giornate di Sodoma / Saló, ou os 120 días de Sodoma