Francia / 84 min. / Ficción / Francés,Inglés

Marie está moi namorada da súa parella, pero non se sente correspondida. Coa intención de que o seu amante volva desexala, Marie lánzase á procura do amor físico en brazos dun semental italiano e dun home maduro afeccionado á dominación. Romance, filme polémico polas súas explícitas escenas pornográficas, foi un grande éxito en Francia, axudado pola boa crítica da prestixiosa revista cinematográfica Cahiers du Cinéma.


Ficha artística

Caroline Ducey, Sagamore Stévenin, François Berléand, Rocco Siffredi.

Ficha técnica

Guión: Catherine Breillat.
Fotografía: Giorgos Arvanitis.
Música: DJ Valentin, Raphaël Tidas.
Produción: Flach Film / arte France Cinéma.


Romance