Nota do público:

6,10

Chile, Francia / 80 min. / Documental / Castelán,Francés

Mercar entrada

Unha mañá de xuño de 2005, os gardas do Museo Nacional de Belas Artes de Chile notaron que unha millonaria escultura de Auguste Rodin fora roubada. Vintecatro horas despois do suceso, un tímido estudante de arte devolve a peza argumentando que a roubara como parte dun proxecto artístico no que quería demostrar que “unha obra de arte estaba máis presente non estando”. Pasada unha década deste suceso, artistas, avogados, teóricos e o propio protagonista do roubo reviven este episodio artístico-delituoso a través deste documental articulado como un absurdo relato detectivesco que permite ironizar sobre o estado da arte contemporánea e as contradicións do traballo artístico.


Ficha artística

Luis Emilio Onfray.

Ficha técnica

Guión: Cristóbal Valenzuela, María Luis Furche, Sebastián Rioseco.
Fotografía: David Bravo.
Música: Jorge Cabargas.
Produción: María Paz González.

Crítica Cineuropa

Con elementos propios do cinema documental pero con outros dunha singular comicidade, a ópera prima de Cristóbal Valenzuela preséntase como unha reflexión irónica e intelixente sobre o nacemento da arte e a condición artística. A iniciativa dun estudante de realizar unha performance para profundar na vulnerabilidade da arte e no sentido da ausencia, removeu todos os estamentos artísticos e administrativos da sociedade chilena. Resulta evidente a riqueza do material cinematográfico subxacente nas entrevistas da investigación e no relato do propio autor do roubo. E aí radica a frescura da película. O que se goza como unha mestura de comedia de enredo e drama costumista contado con pulcro estilo xornalístico, é autenticamente real.


Robar a Rodin

Cristóbal Valenzuela Berríos

Santiago (Chile), 1982

Realizador cinematográfico con mención en montaxe. Dirixiu, escribiu e montou varias curtas de ficción e documental, entre as que salientan Los primeros brujos fueron los padres (2006) e Año Nuevo (2011). Desde 2008 traballou como guionista e editor para diversos proxectos de cinema e televisión. Robar a Rodin é a súa ópera prima.