Romanía / 100 min. / Ficción / Romanés

Dous mozos estudantes que celebran a súa graduación cunha gran bebedeira, atacan o propietario do bar e peléxanse. Uns días despois, volven ao lugar dos feitos cun axente de policía, un xuíz, un profesor e un equipo de gravación. O xuíz decide que, en lugar de ir ao cárcere, reconstrúan os feitos para a gravación dun documental contra o alcolismo. A película estivo prohibida en Romanía desde pouco despois da súa estrea ata a caída do réxime comunista e non volveu ás salas ata 1990. A reconstrución, da autoría do recentemente falecido Lucian Pintilie, ocupa o primeiro lugar na lista das dez mellores películas romanesas de todos os tempos, realizada en 2008 pola Asociación de Críticos de Cinema de Romanía.


Ficha artística

George Mihăiţă, Vladimir Găitan, George Constantin, Emil Botta, Ernest Maftei, Ileana Popovici, Nicolae Wolcz.

Ficha técnica

Guión: Lucian Pintilie, Horia Pătrașcu.
Fotografía: Sergiu Huzum.
Edición: Eugenia Naghi.
Produción: Filmstudio Bucuresti.

Premios

Seleccionada para a Quincena de Realizadores en Cannes 1970.


Reconstituirea / A reconstrución