Estados Unidos / 90 min. / Ficción / Muda

O príncipe Wolfram é curmán e prometido da raíña Regina V de Kronberg. Esta decide castigalo cruelmente polas súas escapadas nocturnas con outras mulleres. A lección consiste en ir de manobras baixo o sol durante toda unha xornada. Polo camiño de Kambach, Wolfram crúzase cun grupo de monxas e novizas. O seu interese quedará rapidamente focalizado na espontánea Patricia Kelly. Wolfram namórase case ao instante da súa beleza e decide secuestrala do convento esa mesma noite.


Ficha artística

Gloria Swanson, Walter Byron, Seena Owen, Wilhelm von Brinken, Madge Hunt, Florence Gibson, Tully Marshall.

Ficha técnica

Guión: Erich von Stroheim.
Fotografía: Ben Reynolds, Gordon Pollock, Paul Ivano.
Música: Adolph Tandler.
Produción: United Artists.


Queen Kelly / A raíña Kelly